Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 30 de xaneiro

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular responsable do seguimento de Economía e Facenda, Cecilia Sierra, sobre asuntos desta área.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Elvira Cienfuegos, e de Paulo Rodríguez, director-xerente do Auditorio de Galicia, para presentar a programación do primeiro semestre de Sons da Diversidade 2009.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.30 h.
No Hotel NH Obradoiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, clausura a Asemblea Xeral da Federación Española Empresarial de Transporte de Viaxeiros. Asiste o secretario de Estado de Transportes, Fernando Palao.

18.00 h.
No CSC de Villestro, charla afectivo-sexual baixo o título "Quérome" dirixida principalmente a mulleres e que se fai en colaboración co centro Quérote da Dirección Xeral de Xuventude.

20.00 h.
No CSC do Castiñeiriño, conferencia didáctica que imparten Mini e Mero (integrantes do grupo A Quenlla) baixo o nome "Polos camiños da música tradicional. .

20.30 h.
No Hotel Puerta del Camino, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a Gala do Deporte. En primeiro lugar, fará entrega das Axudas aos Clubes Federados, e a continuación (ás 21.00 h) outorgará os premios Deporte e Vida.

21.00 h.
No Teatro Principal, Teatro Ensalle representa La Estrategia del Avestruz dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Autor e director: Pedro Fresneda.

Compartir: