Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 24 de xaneiro

10.00 h.
No Hostal dos Reis Católicos, taller gastronómico "Merco e cociño con…Marcelo Tejedor", dentro das actividades gastronómicas do programa "Santiago de Compostela. Repetirás", os participantes realizarán primeiro unha compra dos produtos guiados polo cociñeiro (na Praza de Abastos, de 10.00 h. a 11.30 h. aprox.) para despois cociñalos seguindo as súas indicacións (de 11.30 h. a 14.00 h.aprox.)

18.00 h.
No Multiusos Fontes do Sar, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao partido entre o Lobelle e o Carnicer Torrejón.

21.00 h.
No Teatro Principal, estrea do documental "Inmigrantes no país da emigración", de Xosé Luis Ledo Andión. Contará coa actuación de Batuko Tabanka.

Compartir: