Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 23 de xaneiro

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

19.00 h.
No Pazo de Fonseca, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega de medallas que realiza o Colexio de Avogados con motivo da festividade de San Raimundo de Peñafort.

19.00 h.
No CSC do Castiñeiriño, Olga e Pilar: Teatro de sombras contos de Xulián, dentro do programa Letras Vivas Animación.

19.30 h.
No CSC do Ensanche, a concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, presenta a primeira das iniciativas postas en marcha pola Asociación Cultural Educativa Qu Yuan: a mesa redonda "Interculturalidade e adopción". Intervirán María del Carmen García Gómez (equipo técnico ADECOP) María Ramos Sánchez (profesora de educación infantil) e Mei Hua Tseng (profesora de chinés). Ao remate da mesa, Fátima Bermejo Rubio, profesora de teatro e xogo dramático, exercerá de contacontos coa narración dun conto chinés. Moderará a mesa o xornalista Xusto López Carril.

20.00 h.
No CSC do castiñeiriño Encontro con Mini e Mero (A Quenlla: Música para os Reis), dentro da Aula de Música Tradicional.

CICLO DE CINEMA DEREITOS HUMANOS
20.15h. Bucarest, La Memoria Perdida de Albert Solé. España. 80 min.
22.00h. Camino de Javier Fesser. Estado español. 143 min.

Compartir: