Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 27 de setembro

13.00 h.
Na Casa do Concello, recepción aos participantes no Congreso de Bibliotecas Plurais.

13.30 h.
No Local Sociocultural de Marantes, romería de peche do programa Vive o Verán.

18.30 h.
No Palacio de Congresos e Exposicións, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á cerimonia de entrega do Premio Fonseca 2008 a Stephen Hawking e á posterior conferencia do científico británico titulada "Saíndo dun burato negro".

21.00 h.
No Teatro Principal, Sarabela Teatro presenta Margar no pazo do tempo, de Ánxeles Cuña. Con Nate Borrajo, Fernando Dacosta, Fina Calleja, Suso Díaz, Elena Seijo, Xosé A. Porto "Josito", Sabela Gago, Tito Asorey e Yuri Sidar baixo a dirección de Ánxeles Cuña Bóveda.

Compartir: