Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 23 de setembro

11.00 h.
Na Escola de Altos Estudos Musicais (Finca de Vista Alegre), ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura do Concello de Santiago, Socorro García Conde, e da conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, para presentar as novas actividades de ensino de música tradicional galega que se desenvolverán na Escola de Altos Estudos Musicais.

11.45 h.
No CSC O Ensanche, a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, visita a exposición didáctica sobre meteoroloxía Descubrindo o tempo. Un grupo de escolares do colexio Peleteiro tamén visitará a esta mesma hora a exposición, que permanece aberta ata o vindeiro día 30.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular responsable do seguimento de Economía, Cecilia Sierra, para presentar unha iniciativa.

12.30 h.
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

20.00 h.
No CSC O Ensanche, Obradoiro de Creación Literaria dentro do programa Letras Vivas.

21.00 h.
No Auditorio de Galicia, Los Músicos de Su Alteza presentan Sonoras Voces. Villacincos a Santiago y a la Virgen del Pilar
21.00 h.
No Teatro Principal, estrea da obra Frida, da compañía Ainternacional, creada e dirixida por Jorge Rey e interpretada por Manuela Varela e Alfredo Padilla. Está dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

Compartir: