Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 22 de setembro

10.30 h.
En San Francisco, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de transferencia da presidencia da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular responsable do seguimento de Xuventude, María Seoane, para presentar unha iniciativa.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, para presentar o inicio do curso e o programa de actividades da Escola Municipal de Música.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, e de Jorge Rey, para presentar o último traballo da compañía Ainternacional, Frida, que Rey dirixe e que estará no Teatro Principal martes, mércores e xoves. Na rolda estarán tamén os actores protagonistas, Manuela Varela e Alfredo Padilla.

Visita de Stephen Hawking
16.30 h.
No Parque de San Lázaro (ao carón do Palacio de Congresos), descubrimento dunha placa conmemorativa da visita de Stephen Hawking á cidade coa presenza do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. (Haberá unha breve intervención).
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 16.10 h. da Praza do Obradoiro.

17.30 h.
Finalización do Camiño de Santiago. Stephen Hawking será recibido na Praza do Obradoiro polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, que lle fará entrega do pergameo co recoñecemento de Visitante Ilustre. (SÓ GRÁFICOS).

18.00 h.
Visita á Catedral (entrada por Praterías). (SÓ GRÁFICOS)

NOTA MOI IMPORTANTE.- Dado que a luz das cámaras interfire co sensor co que se comunica o científico británico (actívao co movemento dunha pálpebra), os medios gráficos atoparanse con limitacións na utilización dos flashes sempre que el estea a intervir.

Compartir: