Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 19 de setembro

10.30 h.
Na sede da Fundación Granell (Pazo de Bendaña), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a xunta extraordinaria da Comisión Executiva do Padroado da Fundación Granell.

11.30 h.
No Auditorio de Galicia, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, para pesentar o Grupo de Apoio Local do Proxecto Europeo Weet.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, e de Martha Franco, da Asociación Cultural Gaira para presentar a VI edición do Move'm Cult & Danza. Festival dos Ritmos do Mundo, que se desenvolverá do 26 de setembro ao 3 de outubro.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

17.00 h.
Letras Vivas
No CSC do Ensanche, Obradoiro de creación literaria.

20.00 h.
Cinemas Dixitais
No CSC Aurelio Aguirre de Conxo, dentro da súa Semana Cultural e ao abeiro do programa Cinemas Dixitais, proxección de As Encrobas de Xosé Bocixa Rei.

Compartir: