Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 21 de abril

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, para presentar o programa didáctico "Comer cos 5 sentidos". Na rolda tamén estará o presidente da Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago (restauración), Jesús Sordo.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, para presentar a Semana de Acción Mundial pola Paz.

12.15 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asina un convenio de colaboración co director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, para a realización de proxectos culturais.

12.30 h.
Na Casa do Concello, o voceiro da Xunta de Goberno Local, Néstor Rego, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular Amelia González para presentar unha iniciativa da súa área.

17.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao ministro de Transportes e Obras Públicas de Uruguay, Víctor Rossi; ao embaixador de Uruguay en España, Ricardo Gónzalez; e ao cónsul xeral, Gonzalo Koncke.

19.00 h.
Na Fundación Caixa Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a exposición "Sorolla e os seus contemporáneos".

20.30 h.
No Centro Sociocultural do Ensanche, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de constitución do Foro do Civismo.

Compartir: