Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 30 de decembro

ATENCIÓN: non haberá rolda da Xunta de Goberno. Enviarase resumo dos acordos adoptados.

11.00 h.
Na Casa do Concello (nas oficinas do grupo municipal popular), ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Ángel Espadas, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h.
Traslación 2008
Ofrenda Nacional na Festividade da Traslación dos Restos do Apóstolo Santiago. (Envíase nota co desenvolvemento do acto).

17.00 h.
No Teatro Principal, Disque danza presenta Menú Vexetal (dame verde) de Paula Carballeira.
21.00 h.
VIII Todo Lirica
No Teatro Principal, segundo concerto do VIII Festival Todo Lírica, antes coñecido como Festival de Zarzuela. A música de baile na zarzuela: do pasodobre ao fox-trot. Amanda Serna, soprano / Marina Pardo, mezzosoprano / Julio Morales, tenor / Javier Galán, barítono / Borja Mariño, piano.
22.00 h.
Na Catedral de Santiago, Ordo Prophetarum, Drama Litúrxico do Século XII.

Compartir: