Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 7 de novembro

10.00 h.
En Tarragona, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á Asamblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, para presentar a XVI edición dos Premios Vagalume.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular responsable do seguimento de Servizos Sociais, Paula Prado, sobre asuntos desta área.

17.00 h.
Semana Terrorífica
No CSC das Fontiñas, Obradoiros de decoración para o pasaxe do terror dentro da Semana Terrorífica.

18.30 h.
Letras Vivas
No CSC da Trisca, Contos das estacións de Conta e canta, dentro do programa Letras Vivas.

19.00 h.
No Salón de Actos da Escola de Música Municipal de Santiago de Compostela, charla "A gaita galega e a expansión da cornamusa en Europa", a cargo do profesor Pablo Pascual.

19.00 h.
Letras Vivas
No CSC do Castiñeiriño, contacontos Celso Sanmartín, dentro do programa Letras Vivas.

23.00 h.
VerBoRock 2008
Na Sala Capitol, concerto de Sr. Chinarro dentro do ciclo VerBoRock que se organiza coa colaboración da Concellaría de Cultura.

Compartir: