Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 6 de novembro

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Ángel Espadas, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h.
En Tarragona, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á Comisión Executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. (Enviarase nota e foto).

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, para presentar o concurso de carteis e programa de Nadal 2008.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e da presidenta da Asociación do Traxe Galego, Pilar Domínguez, para presentar a XIV edición do Premio de Investigación sobre o Traxe Galego "Antonio Fraguas".

17.00 h.
No CSC das Fontiñas, Obradoiro de decoración para o pasaxe do terror, dentro da celebración da Semana Terrorífica.

19.30 h.
No Salón de Actos da Escola de Música Municipal de Santiago de Compostela, concerto espontáneo "Pel de Noz".

20.00 h.
Cinemas Dixitais
No CSC do Ensanche, proxección do documental Cabo Verde, Sábi, dentro do programa Cinemas Dixitais.

21.00 h.
Concerto de Abono
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia.

Compartir: