Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 5 de novembro

11.00 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, recepción aos participantes no Campionato Mundial de Squash.

11.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular Amelia González, sobre asuntos de carácter local.

11.15 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Guadalupe Rodriguez, para presentar a exposición "Escher e as matemáticas. Diálogo entre ciencia e arte" que se poderá ver con motivo da Semana da Ciencia.

11.30 h.
No Salón Obradoiro (3ª Pranta) do Hostal dos Reis Católicos, o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e o organizador de Salsorro, Diego Berea, presentan a VII Edición do Festival Internacional de Salsa de Santiago de Compostela. Tamén estarán os bailaríns estadounidenses Víctor e Brujú, directores da compañía "Hacha y Machete", de Boston, que está considerada a mellor compañía do mundo de salsa en tempo 2.

12.00 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita o Pavillón de Santa Isabel, onde se acometeu a obra de substitución do pavimento deportivo de madeira.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 11.50 h. da Praza do Obradoiro.

12.30 h.
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e do director da Axencia Audiovisual Galega, Manuel González, para presentar a sección de Cineuropa, Panorama Galiza. Na rolda estará tamén o director do Festival, José Luis Losa.

19.30 h.
Na Igrexa da Universidade (praza da Universidade, s/n), o alcade compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da exposición "A Casa Habitada. A colección artística da Casa de Galicia en Madrid".

Compartir: