Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 4 de novembro

8.45 h.
Na sede do Consorcio (rúa do Vilar, 59), o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración da devandita entidade.

11.30 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita, xunto co conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, as marxes do río Sarela rehabilitadas polo obradoiro de emprego Compostela Natural. Punto de encontro: final do rueiro de Figueiriñas, principio de Casas de San Lourenzo.
11.15 h. Saída da Praza do Obradoiro nun autobús fletado para medios de comunicación, autoridades e convidados.
11.30 h. Visita guiada ao paseo desde Casas de San Lourenzo-Rueiro de Figueiriñas a Carme de Abaixo e explicación do proxecto.
12.00 h. Intervención das autoridades na carpa habilitada ao efecto en Carme da Abaixo: o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias; o conselleiro de Traballo, Ricardo Varela; e o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo.

12.00 h.
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e de Luis Zarauza, director de A noite que deixou de chover, para presentar o filme, que se estrea pola noite na gala inaugural de Cineuropa. Na rolda estarán tamén Luis Tosar, actor protagonista do filme; Manuel Cristóbal, productor; Rubén Zarauza, productor executivo; e José Luis Losa, director de Cineuropa.

12.30 h.
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h.
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez e de Helena Taberna, directora de La buena nueva, para presentar este filme, que se proxectará en Cineuropa os días 4 e 5. Na rolda estarán tamén o produtor da película, Andrés Martorell, e José Luis Losa, director de Cineuropa.

21.00 h
No Teatro Principal, a concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e a conselleira de Cultura da Xunta de Galicia, Ánxela Bugallo, presiden a inauguración de Cineuropa na que se estrea o filme A Noite que deixou de chover. Na presentación estarán presentes o director do filme, Luis Zarauza; o actor protagonista, Luis Tosar; o produtor, Manuel Cristóbal; o produtor executivo, Rubén Zarauza; así como outros membros do elenco.

Compartir: