Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 3 de novembro

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar a campaña turística "Braga á Mesa" e o protocolo de colaboración entre o Concello de Santiago e o Concello de Braga.

12.00 h.
Na sede do Consorcio (rúa do Vilar, 59), o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Medio Ambiente do Concello, Elvira Cienfuegos, asinan o convenio de colaboración para a intervención nos parques de Selva Negra e Granell, aprobada na última reunión da Comisión Executiva do ente interadministrativo.

12.30 h.
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde; do director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, e do director da Axencia Audiovisual Galega, Manuel González, para presentar CINEUROPA 2008. Na rolda estará tamén o director do festival, José Luis Losa.

13.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á Asociación Cultural Fuco Buxán.

Compartir: