Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 25 de novembro

11.00 h.
Na sede do Consorcio (rúa do Vilar, 59), o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a Comisión Executiva da devandita entidade.

11.00 h.
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico de Sarabela Teatro: Cristovo e o libro das marabillas.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, María Seoane, responsable do seguimento de Xuventude, para facer balance.

12.00 h.
No Centro Sociocultural do Ensanche, a concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, preside o acto de entrega dos premios do concurso "Educando na Convivencia en Igualdade", dirixido ao alumnado do 2º ciclo da Educación Secundaria Obrigatoria baixo o lema "A miña visión sobre a violencia de xénero", con motivo da celebración do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.

12.00 h.
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA da subdirectora do Auditorio de Galicia, Silvia Modia, e Oriol Porta, director e productor de Hollywood contra Franco, filme que se proxecta dentro de Cineuropa os días 24 e 25. Na rolda estará tamén José Luis Losa, director de Cineuropa.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA para dar conta do resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

12.50 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación e Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, e da secretaria xeral de Política Lingüística da Xunta, Marisol López, para presentar a campaña "Cóntallo en galego".

13.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Emuvissa.

17.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, sobre asuntos da súa área.

19.00 h.
No Pavillón polideportivo do Restollal, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto institucional de sensibilización contra a violencia de xénero, con motivo da celebración do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Durante o acto, o rexedor dará lectura á declaración institucional adoptada pola Corporación de Santiago de Compostela.

20.00 h.
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de entrega de bolsas da Fundación Compostela Deporte.

20.00 h.
No Teatro Principal, Concerto da Banda Municipal de Música: Suite Contos da Alentraia de Eugenio Pazos Pintor, con ambientación visual de The Chemical Orange.
Contos de Alentraira -------------- Suite -------------------- E. Pazos
I.- Alborada II.- Balada III.- Riveirana IV.- Foliada

Compartir: