Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 22 de novembro

10.00 h.
Celebración da actividade Merco e Cociño, con Iago Castrillón, cociñeiro do Acio, gañador do Premio á Mellor Tapa de SANTIAGO(é)TAPAS. Ás 10.00 h. comeza a compra dos produtos na Oficina da Praza de Abastos. Arredor das 12.00 h. estarán nas cociñas do Hostal dos Reis Católicos, onde preparán os produtos mercados seguindo as explicacións do cociñeiro.

10.30 h.
Cineuropa 2008
No Teatro Principal, PASE DE PRENSA de Flores de Luna, un filme de Juan Vicente Córdoba.

12.30 h.
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez; do director de Cineuropa, José Luis Losa, e do director do filme Flores de Luna, Juan Vicente Córdoba, que está en Compostela para presentar este filme que se desenvolve na barriada do Pozo do Tío Raimundo.

14.00 h.
No Estadio de San Lázaro, o concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, asiste á gala anual do Club Triatlón Bricosa.

17.30 h.
No Recinto Feiral de Amio, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita o parque temático infantil "A Caravana dos Cativos", que estará instalado en Amio os días 22 e 23 deste mes.

18.00 h.
No Auditorio de Galicia, II Certame de Bandas de Música Populares, organizado pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Bandas de Música Populares, coa colaboración da Concellaría de Cultura.

Compartir: