Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 21 de novembro

9.00 h.
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único: Explicacións por parte do Sr. Alcalde en nome do goberno PSdeG-PSOE E BNG, das estratexias, obxetivos, programas, recursos, e en definitiva todas e cada unha das medidas que o seu goberno de coalición propón aos cidadáns do noso concello en aras ao compromiso público que asumiu en xuño de 2007, no que describía esta lexislatura coma a das políticas sociais.

11.30 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da autovía AG-59 Santiago-A Estrada, treito Santiago-A Ramallosa.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social, Mar Martín, para presentar os actos que se van realizar con motivo do Día Internacional da Loita contra a Violencia de Xénero, o vindeiro 25 de novembro.

12.00 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a praza Juan Bautista de La Salle e a reurbanización da rúa Valle-Inclán.

12.00 h.
No estadio de San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes e vicepresidente da Fundación Compostela Deportes, Andrés Fariña, para presentar a convocatoria do programa de axudas aos clubs federados, correspondentes ao ano 2008.

13.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe aos alcaldes das municipalidades de Lince, Martín Príncipe, e de Surquillo, Gustavo Sierra, (situadas en Lima, Perú), que se atopan en Santiago para estabelecer programas de cooperación coa Asociación Galega de Hemofilia.

17.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao grupo parlamentario socialista.

20.00 h.
No Auditorio de Galicia, II Certame de Bandas de Música Populares, organizado pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Bandas de Música Populares, coa colaboración da Concellaría de Cultura.

21.00 h.
No hotel Puerta del Camino, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á cea da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre.

Compartir: