Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 18 de novembro

12.00 h.
Na Fundación Compostela Deporte (estadio de San Lázaro, porta 16), ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes e vicepresidente da Fundación Compostela Deporte, Andrés Fariña, para presentar o convenio coa Fundación Down Compostela, así como ao padriño das Bolsas de Formación e Perfeccionamento para deportistas individuais composteláns correspondentes a 2008, Ezequiel Mosquera, e a relación dos/as 40 deportistas seleccionados/as.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, para presentar a segunda edición do Plan de Formación Continua.

12.30 h.
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

19.00 h.
No Centro Sociocultural do Ensanche, o concelleiro de Sanidade e Consumo, Xosé Baqueiro presenta a mesa redonda sobre Normas do Hábitat Galego, organizada pola Oficina Municipal de Atención ao Consumidor, OMIC, dependente da Concellería de Sanidade e Consumo. Participantes: Encarna Otero Cepeda, directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda; Luís Toxo Ramallo, deputado autonómico; Miguel López Crespo, presidente do Consello Galego de Consumidores e Usuarios; Javier Garrido, presidente da Federación de Promotores de Edificacións e Solo de Galicia; Ana Olveira, presidenta da Unión de Consumidores de Galicia; Miguel Serrano, tesoureiro da delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia.

Compartir: