Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 17 de novembro

10.00 h.
En Madrid, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co presidente de ADIF, Antonio González Marín.

11.00 h.
O concelleiro do grupo municipal popular Ángel Espadas, visita o Parque de Belvís para valorar o seu estado. Punto de encontro: entrada pola rúa das Trompas.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira, e dun representante da empresa Colabora, para dar conta do estado de execución da Rede Wimax.
NOTA: Ao remate da rolda, farase unha proba do funcionamento da Rede na Praza do Obradoiro.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Sanidade, Xosé Baqueiro, para presentar a "Guía de comunidade de propietarios", unha charla-coloquio e unha mesa redonda sobre o tema. Na rolda tamén estará o presidente da Unión de Consumidores e do Consello Galego de Consumidores, Miguel López Crespo.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, sobre asuntos da súa área.

20.30 h.
No Hotel Los Abetos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe o Tenedor de Oro, acto organizado pola Asociación Gastronómica Cultural Tenedor de Oro.

Compartir: