Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 12 de novembro

11.00 h.
Concerto Didáctico
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico da Banda Municipal de Música dirixida por Casiano Mouriño.
11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular responsable do seguimento de Economía, Cecilia Sierra , sobre asuntos destas áreas.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h.
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez; o director da Axencia Audiovisual Galega, Manuel González; e Manuel Fernández-Valdés, director da película Manuel e Elisa. O Trinta, para presentar a estrea deste filme que se fará en Cineuropa o xoves 13 ás 20.00 h no Teatro Principal. Na rolda estarán tamén o director de Cineuropa, José Luis Losa; a coprodutora executiva do filme, Teresa Fernández-Valdés; e a produtora, Fernanda del Nido.

13.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente da FEGAMP, Carlos Fernández, asinan a cesión da parcela na que se ubicará a nova sede da Federación Galega de Municipios e Provincias.

19.30 h.
No Hotel Monumento San Francisco, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta a conferencia que pronunciará o presidente de Caixanova, Xulio Fernández Gayoso, baixo o título "Contribución ao desenvolvemento de Galicia".

Compartir: