Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 9 de outubro

9.00 h.
En París, na sede da Unesco, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co director do Centro do Patrimonio Mundial, Francesco Bandarin.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar o proxecto Axudantes Familiares, pertencente ao programa europeo Leonardo da Vinci.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, para presentar unha nova edición do programa Coñecer as Cidades Patrimonio.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular Amelia González, sobre asuntos de carácter local.

20.00 h.
No Auditorio de Galicia, a concelleira de Cultura, Socorro García Conde, inaugura a exposición Marxes e Mapas. A creación de xénero en Galicia, que amosa a obra de 26 artistas galegas. Na inauguración tamén intervirán os comisarios da exposición, Chus Martínez Domínguez e Xosé Manuel Lens, e estarán presentes a maioría das 26 artistas.

20.00 h.
Cinemas Dixitais
No CSC do Ensanche proxección de Traballadores do Contrabando, dentro do programa Cinemas Dixitais.

Galicreques 2008
11.00 h. No Teatro Principal, Sueño de una tarde de verano de Erre Ke Erre.
11.00 h. En Arteria Noroeste, Serenatuna (a la luz de la luna) de Damasita teatro.
18.00 h. Na Praza do Toural, Obradoiros de Monicreques para nenos e nenas.
18.00 h. Na Praza das Praterías, Marionetas de Sri Lanka de Sry Anura Puppet Society.
21.00 h. No Teatro Principal, O ferreiro e o diaño de Títeres Alakrán.

Compartir: