Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 5 de outubro

9.30 h.
Na Praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, dá o pistoletazo de saída á VII Camiñada ao Pedroso, organizada polo Club Deportivo Fontiñas, que está dedicada a Felipe Molinero.

12.00 h.
No Teatro Principal, concerto da Banda de Música Municipal. Programa:
I *Encuentros-----------------Pasodobre ---------------- J. R. Pascual-Villaplana
Marcha Eslava Op. 31 ------------------------------------- P.I.Chaikovski
Moderato in modo de marcha fúnebre
Suite Alicantina ----------------- Suite -------------------- R. Dorado
I.- Preludio
II.-Canción de cuna
III.- Xogos infantis
IV.- Danza final
II
La Quintessenza -------------- Musical ------------------- J. de Meij
(Introduzione-Capriccio-Airoso-Alla Marcia-Finale)
Los Gavilanes ----------------- Selección ----------------- J. Guerrero
El Duende de España--------- Danza ---------------------- A. Ferriz
* Primeira vez pola Banda

12.00 h.
Domingos en familia
No CSC da Trisca, Teatro de pés, de O catre Teatre, dentro do programa Domingos en familia.

18.00 h.
Domingos en familia
No CSC do Ensanche, A capella de Ludus Tonalis, dentro do programa Domingos en familia.

21.00 h.
No Teatro Principal, Anxeliños, de Roberto Vidal Bolaño, posta en escena por Espello Cóncavo. Dirixida por Arturo López forma parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios]

Compartir: