Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 30 de outubro

10.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao alcalde de Albufeira, Desidério Jorge da Silva.

11.00 h.
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico da Real Filharmonía de Galicia: Rossini, A Cincenta
11.00 h.
Na Alameda (Campo da Estrela, fronte a Porta Faxeira), o concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, comenza o percorrido de entrega das bandas de escaparatismo aos estabelecementos gañadores da Edición de Outono do V Concurso Municipal de Escaparatismo "SCQ Shopping". Os horarios son:
11.10: Entrega da banda ao primeiro clasificado: Xocoátel. Avenida de Rosalía de Castro, nº 3.
11.25: Entrega da banda ao terceiro clasificado: tenda de comercio xusto Panxea. Gómez Ulla, 4.
11.40: Entrega da banda ao segundo clasificado: Media Lúa. Rúa Travesa, nº 5.

11.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Emuvissa.

12.30 h.
Na Sala Circular do Auditorio, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde; do xerente do Consorcio, Xosé Manuel Villanueva; do director da Real Filharmonía de Galicia, Maximino Zumalave; e do director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, para presentar o Ciclo de Pianistas Ángel Brage.

18.30 h.
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.
2. Aprobación definitiva do estudo de detalle para a instalación de ascensores na rúa de Doutor Maceira, números 6, 8, 10, 12 e 14.
3. Aprobación definitiva do estudo de detalle do SUNP-12. Lamas de Abade.
4. Aprobación definitiva do estudio de detalle do SUNP-11. Castiñeiriño.
5. Aprobación do texto refundido do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
6. Constitución da Comisión Especial de Queixas e Suxestións.
7. Adhesión ao convenio de colaboración entre a Asociación Española de Banca, a Confederación Española de Caixas de Aforros, a Unión Nacional de Cooperativas de Crédito e a entidade pública Red.es para a prestación do servizo de pago telemático na administración pública.
8. Aprobación da modificación dos Estatutos do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade.
9. Proposición presentada polo grupo municipal do Partido Popular en relación coas obras de ampliación do refuxio de animais de Zarramacedo-Bando.
10. Dar conta de corrección de erro en acordo plenario de data 25 de setembro do corrente ano.
11. Dar conta de Resolución da Alcaldía de substitución nas funcións de Alcalde.
12. Dar conta de Resolucións da Alcaldía, das Concellerías Delegadas e da Xunta de Goberno Local.
13. Rogos e preguntas.
14. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

20.00 h.
No Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia (Carreira do Conde, 18), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á conferencia que impartirá a Dra. Frances Elizabeth Allen, baixo o título Unha peregrinación polas altas sendas da computación, dentro do programa de divulgación científica ConCiencia 2008.

21.00 h.
Concerto de Abono
No Auditorio de Galicia, concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia.
Amal 2008
19.30h. No Teatro Principal, proxección do documental After the war.
22.00h. No Teatro Principal, proxección da longametraxe Waiting for Pasolini.
00.30h. No Teatro Principal, Sesión Golfa coa proxección de Retorno a Hansala.

Compartir: