Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 3 de outubro

10.00 h.
Saída desde o Monte do Gozo das integrantes de "Dilo Caminando, en marcha hacia la prevención del cáncer de mama". Estarán acompañadas pola conselleira de Sanidade da Xunta de Galicia, María José Rubio; pola conselleira de Saúde e Consumo do Goberno de Aragón, Luisa Noeno; pola concelleira de Benestar Social e Muller do Concello de Santiago, Mar Martín; polo secretario xeral do Sergas, Cayetano Rodríguez; e pola secretaria xeral da Consellería de Sanidade, Pilar Fernández. Todos xuntos farán o último percorrido do Camiño de Santiago ata a Praza do Obradoiro.
"Dilo Caminando" está formado por 50 mulleres afectadas de cancro de mama que realizan o Camiño de Santiago co obxectivo de promover na sociedade a necesidade de desenvolver hábitos de vida saudables e adoptar medidas preventivas para facer fronte a esta enfermidade.

11.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e do director da Asociación Cultural Barriga Verde, Jorge Rey, para presentar o XIII Festival Internacional de Títeres, Galicreques 2008, que se celebra do 6 ao 12 de outubro.

12.30 h.
En San Caetano, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á presentación do Plan de Transporte Comarcal.

13.30 h.
Na Casa do Concello, recepción ás participantes de "Dilo Caminando, en marcha hacia la prevención del cáncer de mama"

16.30 h.
No CSC O Ensanche, todos aqueles medios interesados poden recoller información sobre o Obradoiro de Creación Literaria que se está a celebrar neste centro social e xuvenil. Para iso, estarán á súa disposición Tate de la Cruz, responsable do CSC para contextualizar a actividade; Eduardo Estévez, responsable do Obradoiro, para explicar os obxectivos, contido e metodoloxía do mesmo; e tres dos participantes na actividade de diferentes idades e procedencias.

17.00 h.
Na Facultade de Medicina, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a LII Reunión da Sociedade de Ciruxía de Galicia.

19.00 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de entrega do I Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, convocado polo Concello e a editorial Kalandraka e que se lle outorga á obra Cerca, de Natalia Colombo.
19.00 h.
Letras Vivas
No CSC do Castiñeiriño, Libros Contentos de Títeres Cachirulo, dentro do porgrama Letras Vivas Animación.

20.30 h.
No Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de presentación do catálogo da exposición "B96: dez anos de rehabilitación de locais comerciais en Santiago de Compostela".

21.00 h.
IX Ciclo de Lied
No Teatro Principal, concerto de clausura do IX Ciclo de Lied. Thomas Allen, soprano, e Roger Vignoles, pianista. L'invitation au voyage. A canción francesa

Compartir: