Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 28 de outubro

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular responsable do seguimento de Turismo, Jesús Gamallo, para presentar unha iniciativa sobre esta área.

11.45 h.
Na sede do Consorcio (rúa do Vilar, 59), ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán e presidente da devandita entidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, para dar a coñecer o fallo do "II Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana", creado e organizado polo Consorcio de Santiago co apoio da Axencia Española de Cooperación Internacional e Desenvolvemento (AECID) do Ministerio de Asuntos Exteriores e a Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia. Na rolda tamén estarán o presidente do Xurado, Xerardo Estévez; Luis Suárez Carreño, en representación de AECID; e o xerente do Consorcio, Xosé Manuel Villanueva.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde; do director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luis Bará; e do presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos, Santiago Caneiro; para presentar o III Congreso de ensinantes de música tradicional galega, que terá lugar os vindeiros 31 de outubro e 1 e 2 de novembro no Auditorio de Galicia.

12.00 h.
No Parque de San Lázaro, a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, asiste á colocación dunha figura de Castelao que lle foi donada ao Concello por Forga e que foi elaborada polo alumnado do curso de Formación Profesional Ocupacional "Soldador/a de Estruturas Metálicas Lixeiras" da devandita Fundación.

12.30 h.
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.45 h.
Na Igrexa de San Domingos de Bonval, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á Ofrenda no Panteón de Galegos Ilustres que forma parte dos actos da II Bienal Literaria Internacional "De Pedra e de Palabra. Voces de África e Asia", organizada polo PEN Clube Galicial. Ás 13.15 h. o alcalde tamén asiste á declaración de Bonaval-Literario (no Parque de Bonaval) a cargo do profesor Xesús Alonso Montero.

Amal 2008
19.30h. No Teatro Principal, proxección do documental A Jihad for love.
22.00h. No Teatro Principal, proxección da longametraxe Andalucía.
00.30h. No Teatro Principal, proxección de Estación Central dentro da Sesión Golfa.

Compartir: