Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 27 de outubro

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular responsable do seguimento de Obras, Albino Vázquez Aldrey, sobre asuntos desta área.

12.00 h.
Na Casa do Concello, o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e a concelleira de Turismo da cidade xaponesa de Tanabe, Noriko Tada, asinan o protocolo de colaboración entre Turismo de Santiago e a entidade de promoción turísitica de Tanabe, urbe situada no Camiño de Kumano.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Réxime Interior e Reforma Administrativa, Rosa Fernández Somoza, para presentar a constitución da Comisión Especial de Reclamacións e Suxestións.

Amal 2008
19.30 h. No Teatro Principal, proxección do documental Son palestino dentro de Amal.
22.00 h. No Teatro Principal, proxección da longametraxe Ahlaam dentro de Amal.
00.30 h. No Teatro Principal, proxección de Marrakesh Inshallah dentro dá Sesión Golfa de Amal.

Compartir: