Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 21 de outubro

11.00 h.
En Madrid, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co director xeral de Ferrocarrís do Ministerio de Fomento, Luis de Santiago Pérez.

11.00 h.
Concertos Didácticos
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico de Marcos Teira: guitarra flamenca.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular Amelia González, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e do director territorial de Caixa Galicia en Santiago, Juan Carlos Carneiro Caneda, para presentar o Plan de Asesoramento ao Comercio, integrado no SAC (Servizo de Apoio á empresa).

12.30 h.
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h.
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, para presentar o CICLO IMPORTA, iniciativa que nace co obxeto de traer a grupos de renome internacional a Galicia nos meses de outono – inverno. Os concertos que se inclúen no ciclo celebraranse na sala Capitol. Na rolda tamén estarán Raquel Seijo e David Lago, representantes da promotora Sweet Nocturna, que organiza o ciclo xunto coa Concellaría de Festas.

13.00 h.
Na Zona C, o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presenta a exhibición "Animar", dentro de Curtocircuíto. "Animar" é unha exhibición dirixida a nenas e nenos co obxectivo de achegar as curtametraxes ao público infantil. A exhibición é comisionada polo festival portugués Curtas Vila do Conce.

Compartir: