Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 14 de outubro

11.30 h.
Na Fundación Caixa Galicia, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta a terceira edición do programa ConCiencia, xunto co reitor da USC, Senén Barro, e o director de Acción Social de Caixa Galicia, José Manuel García Iglesias.

12.30 h.
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.15 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á Xunta Rectora do Museo do Pobo Galego.

17.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a Comisión Asesora do Casco Histórico.

19.00 h.
Na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela, concerto inauguración do curso 2008/2009 a cargo do profesorado.
Programa:
All of me (Simone & Marks)
Autumn leaves (Johnny Mercer)
Carballesa (tradicional)
Profesorado:
Baixo eléctrico (Yenia Romero) Saxofón (Óscar Fernández)
Gaita e clarinete (Pablo Pascual) Violin (Mario Diz)
Piano (Sara Domínguez) Violonchelo (Isabel Gude)
Frauta traveseira (Olivier Cano) Batería – percursión (Antonio Ocampo)
Trompeta (Fernando Rey) Vibrandoneon- acordeón (Eva pato)

20.00 h.
No Centro Sociocultural do Ensanche, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta os libros da nova colección xuvenil do Consorcio "El maestro Mateo", de Francisco López Iglesias, e "Diego Gelmírez, báculo de gloria en Compostela", de Estro Montaña.

Feira Galega das Artes Escénicas
10.30h. Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, Andar nas nuvens de Trigo Limpo Teatro do Acert. 16.00h. Na Sala Circular do Auditorio de Galicia, Mesa de debate: "Creación de públicos"
19.00h. Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, No Coment (Obra) de PT Excéntricas. 21.00h. No Teatro Principal, Hnuy illa... de Kukai-Tanttaka.

Compartir: