Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 26 de xaneiro

11.00 h.
En Área Central, celebración do IX Foro das Organizacións Non Gobernamentais. Programa:
11.00 h. Apertura do espazo solidario: zona de presentación de experiencias e postos informativos.
12.15h. Representación teatral "Vicentinho e as árbores da paz", do colectivo TOUPORROUTOU.
Obradoiro de elaboración de atrapasoños.
12.30 h. Chocolate solidario. Colabora: Panxea Asociación de Comercio Xusto.
13.00 h. Concerto da Banda Municipal de Música de Santiago.
13.30 h. Lectura do Manifesto pola Paz e acto institucional presidido pola concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez.
17.45 h. Obradoiro "O cambio climático", polo colectivo Amigos da Terra.
18.30 h. Contacontos solidarios, coordinado polo colectivo Bicis pola Paz.
Obradoiro de elaboración de atrapasoños.
20.00 h. Clausura das actividades.

Compartir: