Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 20 de xullo

9.00 h.
Na Casa do Concello, constitución das comisións de Urbanismo (9.00 h.), Facenda (9.30 h.), Servizos (10.00 h.) e Área Social (10.30 h.).

11.00 h.
No hotel AC Palacio del Carmen, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, asinan un convenio de colaboración para o financiamento dos gastos de mantemento das oficinas de rehabilitación.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, para presentar os gañadores da edición de verán do concurso de escaparatismo.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.30 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Mercagalicia, que terá lugar na sede desta entidade (Polígono do Tambre, Vía La Cierva s/n).

17.30 h.
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mocidade e Festas, Xosé Baqueiro, para presentar "La verbena de la Paloma". Tamén estará o director da actuación, Paco Navajas.

18.00 h.
Na Facultade de Medicina e Odontoloxía, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de benvida aos alumnos de bacharelato cos mellores expedientes encadrado dentro do programa "A ponte entre o Ensino Medio e a USC".

Festas do Apóstolo 2007
18.00 h. a 21.00 h.
Ferradura Aberta. Alameda.

20.30 h.
O TEATRO DA GAVELA presenta "O conde Alarcos" de Guillén de Castro. Praza das Praterías.

20.30 h. a 3.00 h.
Noites na Alameda.

23.00 h.
Música no Toural. Quique Azambuya Trío (jazz).

Compartir: