Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 28 de xuño

11.30 h.
Na Sala Circular do Auditorio de Galicia, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e da conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, para presentar o Festival Cameralia. Na rolda tamén estará José Luis Estellés, director do Festival.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular responsable do seguimento de Cultura, Ángel Currás, para presentar unha moción relativa a esta área.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, acompañado de varios comerciantes da rúa de San Pedro, para presentar as actividades comerciais que se realizarán dentro das festas do barrio.

14.00 h.
VIII Asemblea Xeral da Conferencia das Cidades do Arco Atlántico
En Chester (Inglaterra), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participa na VIII Asemblea Xeral da Conferencia das Cidades do Arco Atlántico.

19.30 h.
Na rúa do Vilar, concerto da Banda de Música Municipal. Casiano Mouriño Maquieira, director. Programa:
Música i Poble -------------------- Pasodobre ----------------- F. Ferrán
Guillermo Tell--------- -------------Obertura-------------------- G. Rossini
Una Noche en Calatayud -------Fantasía -------------------- P. Luna
Nocturno-Serenata-Ronda
Los Miserables ------------------- Selección ------------------- Claude-Michel S.
De Andalucia a Aragón ---------Pasodobre ------------------ J.Texidor

20.00 h.
Na Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil (Praza do Matadoiro), o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e o director xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela, inauguran a exposición "Rompendo cos tópicos. Familia e afectividade", que se enmarca dentro das actividades celebradas con motivo do Día do Orgullo LGBT

Compartir: