Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 15 de xuño

11.15 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, para presentar o libro "Valle-Inclán en Compostela. A derradeira estadía en Galiza", primeiro título da colección Cadernos de Compostela. Na rolda estará tamén Javier del Valle-Inclán Alsina, neto do escritor e autor da obra.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Rehabilitación e Casco Histórico, Mercedes Rosón, para presentar as xornadas "Escenas de recuperación dunha cidade", que organizan o Concello e o Consorcio e que financian o Ministerio de Educación e Cultura e a Asociación de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do Grupo Popular Municipal, Ricardo García-Borregón, para facer balance da súa portavocía.

20.00 h.
No Local Sociocultural da Gracia, actuación das corais Amigos do Castiñeiriño e Pontemantible-Guadalupe.

21.00 h.
No Teatro Principal, os Monicreques de Kukas representan "Sen título 4x8x6. Técnica mista sobre escenario".

21.30 h.
En Madrid, no Hotel Rafael Atocha, a concelleira de Benestar Social, Adelaida Negreira, recolle o Premio COCEMFE (Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica), que esta organización outorga ao Concello de Santiago polo seu apoio ás persoas con dispacidade física e orgánica.

Compartir: