Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 13 de xuño

12.15 h.
En San Lázaro (108, A, Baixo), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á xuntanza do Padroado da Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Santiago de Compostela.

20.00 h.
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto Único: Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.

21.00 h.
No Teatro Principal, os Monicreques de Kukas presentan "Sen título 4x8x6. Técnica mista sobre escenario".

Compartir: