Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 9 de novembro

11.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h.
Na Praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de presentación dos novos integrantes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil.

12.00 h.
Na sede da Fundación Compostela Deporte (estadio de San Lázaro, porta 16), ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, para presentar o "Plan Deporte e Vida". Na rolda tamén estarán os profesores da Facultade de Psicoloxía da USC, José Antonio Gómez e Jorge Sobral.

Compartir: