Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 8 de novembro

10.30 h.
No Pazo de Congresos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración dos V Encontros Internacionais de Arquitectura.

11.15 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a sesión extraordinaria do Consello de Administración de Tussa.

12.00 h.
Nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes en San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, para presentar os 11º Xogos Autonómicos de Natación, actividade organizada pola asociación Special Olympics Galicia e que terá lugar este sábado, 10 de novembro, na piscina municipal de Santa Isabel. Na rolda tamén estará o presidente da citada entidade, Eladio Fernández Pérez.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, e de Margarita Ledo, para presentar a película Liste, pronunciado Lister que se estreará o venres, no Teatro Principal, dentro de Cineuropa. Na rolda estarán tamén Markus Dônhe, actor e artista plástico no filme e Ricard Salvat, actor e, ademais, compañeiro de Lister durante varios anos no Consello Mundial da Paz.

12.30 h.
No hotel NH Obradoiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asina coa ministra de Vivenda, Carme Chacón, e coa conselleira de Vivenda, Teresa Tábosas, os acordos da Comisión Bilateral de Seguimento do Plan Vivenda 2005-2008 relativos ás áreas de rehabilitación do Casco Histórico e de Vista Alegre. O acto estará presidido polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.

20.00 h.
Na Zona "C", o concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, asiste á inauguración da exposición das obras seleccionadas no Certame Galego de Creadores Novos Gzcrea 2007, especialidade de artes plásticas, organizada pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.

20.30 h.
Na Praza de San Miguel dos Agros, o concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, asiste á inauguración da exposición Laímo, da Asociación de Artistas Galegos.

Compartir: