Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 30 de novembro

11.30 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de colocación da primeira pedra do SUNP-14 (Tras Paxonal).
Punto de encontro: carpa situada detrás do edificio acristalado da gasolineira do Restollal.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá á 11.10 h. da Praza do Obradoiro.

11.30 h.
No CSC das Fontiñas, o concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, asiste á inauguración de FotogrÁFRICA, exposición de fotografías sobre a epidemia da SIDA organizada por Médicos do Mundo. Tamén asistirán Fabiola Sotelo, directora xeral de Cooperación Exterior; Nieves Turienzo, presidenta de Médicos do Mundo-Galiza; e Xulio Villarino, un dos fotógrafos do proxecto. Asiste a concelleira de Benestar Social, Mar Martín.

13.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, fai entrega dos premios da V edición de Educacompostela.

20.00 h.
Na Rúa Nova, 24, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a exposición "Luis Caruncho, 50 anos de paixón", coa que se pon en marcha o espazo METRO Arte Contemporáneo. Asisten o concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, e o concelleiro de Facenda, Andrés Fariña.

Compartir: