Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 29 de novembro

10.00 h.
No Hotel Monumento San Francisco, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de apertura do I Congreso Internacional de Cidades de Peregrinación.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Comercio, Emprego e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar os resultados do Plan de Excelencia Comercial. Tamén estará o vicepresidente da Deputación da Coruña, Pablo Villamar.

12.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia, Antonio López Díaz.

18.30 h.
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de acta de sesión anterior.
2. Concesión da medalla de Ouro da Cidade ao Museo do Pobo Galego.
3. Designación de membros do consello sectorial de medio ambiente.
4. Proposta de designación de rúas, prazas e parques.
5. Solicitude de comparecencia de membros do goberno municipal.
6. Dar conta do decreto da adxudicación das obras de emerxencia para a reparación da rúa Xeneral Pardiñas.
7. Dar conta de acordo da Xunta de Goberno Local de 29 de outubro do corrente ano.
8. Dar conta de persoamento en recurso contencioso administrativo interposto contra acordo plenario relativo ao SUNP-25 de Roxos.
9. Dar conta de Decreto da Alcaldía de delegación de competencias.
10. Dar conta de Resolucións da Alcaldía, das Concellerías Delegadas e da Xunta de Goberno Local.
11. Toma en consideración das mocións presentadas polos grupos municipais.
12. Rogos e preguntas.

22.00 h.
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o tenente de alcalde, Néstor Rego, asisten á cea que ofrece Acotés con motivo do seu XX aniversario.

Compartir: