Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 22 de novembro

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar as III Xornadas de Aeroportos Rexionais, que se celebrarán en Santiago o 13 e o 14 de decembro. Tamén estarán o director xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Rubén Lois; o director de Transporte Aéreo da Deputación de Girona, Salvador Montserrat.; e o xerente de Incolsa, Iñaky Gaztelumendi.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular responsable do seguimento de Servizos, Amelia González, para presentar unha moción relativa a esta área.

13.30 h.
No Pazo de Congresos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da VII Asemblea Xeral da Fegamp.

20.30 h.
No Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia (rúa Carreira do Conde, 18), representación teatral da obra "Vaguedás", dentro dos actos organizados pola Concellaría de Benestar Social e Muller con motivo do Día Internacional da Non Violencia contra as Mulleres. A obra, dirixida e interpretada pola compañía Teatro do Lume, está inspirada nos textos e vida da escritora Rosalía de Castro. ENTRADA DE BALDE.

Compartir: