Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 21 de novembro

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, para presentar os actos que se realizarán con motivo do Día Internacional da Loita contra a Violencia de Xénero, o vindeiro 25 de novembro.

12.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao Premio Nobel de Economía de 1994, John Forbes Nash, que asinará no Libro de Ouro da cidade.

12.00 h.
No Servizo Municipal de Deportes en San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, para presentar o IV Campus de Nadal de Fútbol Sala, que, en virtude do convenio asinado co Concello de Santiago, organizará o Club A. Lobelle do 5 ao 8 de decembro. Na rolda tamén estarán o director do campus, José María Pazos, e o xerente do Lobelle, Gonzalo Muíños.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, e de José Luis Guerín, con motivo da entrega do premio Cineuropa 2007 ao cineasta catalán. Na rolda estará tamén o director do festival, José Luis Losa.

19.00 h.
CINEUROPA
No CGAC, proxección do documental "Bos Aires" con coloquio posterior sobre o mesmo no que participará o seu director, Alberte Pagán.

20.00 h.
No Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia (rúa Carreira do Conde, 18), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á conferencia "Diñeiro ideal e diñeiro asintóticamente ideal", que impartirá o Premio Nobel de Economía de 1994, John Forbes Nash, dentro do programa de divulgación científica ConCiencia 2007.

21.00 h.
GALA CINEUROPA
No Teatro Principal, a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, entrégalle o premio Cineuropa a José Luis Guerín. Na gala, que presenta Mabel Rivera e na que intervirá tamén o tenente de alcalde de Compostela e concelleiro de Cultura, Néstor Rego, proxectarase En la ciudad de Sylvia, dirixida polo cineasta catalán.

Compartir: