Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 12 de novembro

11.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe aos membros da ONG "Ternura, asociación de axuda ao neno oncolóxico".

12.00 h.
No salón de actos da Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar, 19), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de clausura e entrega de diplomas do "I Curso de formación do Enxeñeiro de Camiños na Administración Local".

12.30 h.
Na Casa do Concello, o voceiro da Xunta de Goberno Local, Néstor Rego, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

19.00 h.
No salón de actos do Colexio Maior Santo Agostiño, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura o Curso das Aulas de Terceira Idade de Santiago.

Compartir: