Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 3 de xaneiro

12.00 h
Na Residencia-Fogar da 3º Idade "Porta do Camiño" (Rodas, 2), a concelleira de Benestar Social, Paula Prado, asiste ao encontro interxeracional organizado no marco do programa Urbana Santiago Norte.

16.00 h
Os concelleiros de Medio Rural, Luis Bello, e de Centros Socioculturais, Francisco Noya, visitan algúns dos beléns participantes no I Concurso de Beléns "Compostrela".

21.00 h
No Teatro Principal, Gabriel Bermúdez, barítono; Quico Cadaval, actor; e Rubén Fernández Aguirre, piano, presentan "A fermosa muiñeira" de Schubert dentro do ciclo Todo Lírica.

Compartir: