Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 1 de outubro

11.45 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe o novo embaixador de Xapón en España, Fumiaki Takahashi.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e de Jorge Rey para presentar o XIV Festival Internacional de Títeres, Galicreques 2009, que se celebra do 2 ao 11 de novembro.

12.30 h
En San Lázaro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao IV aniversario da residencia de maiores Mapfre Quavitae Santiago. Durante o acto homenaxearase a Sor Dolores Cid, última directora da Cociña Económica.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular, Cecilia Sierra, sobre asuntos de carácter local.

21.00 h
No Multiúsos Fontes do Sar, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao partido que enfronta ao Obradoiro CAB e o Dínamo de Moscú polo Trofeo Concello de Santiago de Compostela de Baloncesto.

21.00 h
SCQ Danza
No Teatro Principal, a Companhia Clara Andermatt presenta Silencio dentro do ciclo SCQ Danza.

Compartir: