Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 1 de marzo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do Grupo Municipal do BNG, Elvira Cienfuegos, relativa a asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, para presentar o catálogo do Sexto Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas 2009. Na rolda tamén se dará a coñecer o Premio do Público desta edición que se pode votar ata o domingo 28 de febreiro.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, para presentar o curso de Danza Renacentista para Educadores de música. A concelleira estará acompañada por Blanca Bello, por parte da Asociación de Profesores de Música de Secundaria e Bacharelato (ASOMUSICA).

19.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a primeira Mesa de Concertación para a consecución do Pacto Local pola Conciliación.
Neste encontro, no que participarán os axentes convocados pola Concellaría de Benestar Social e Igualdade, preténdese avanzar no consenso para a futura implantación de medidas de conciliación no ámbito municipal que permitan mellorar a calidade de vida da cidadanía compostelá

Compartir: