Previsións informativas para o venres 29 de marzo
11.00 h
No Auditorio de Galicia, "Mini Mozart", concerto didáctico da Real Filharmonía de Galicia coa colaboración do Serviço Educativo da Casa de Música de Oporto.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, sobre asuntos da súa área.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar unha nova edición do programa "Enreguéifate. Certame de regueifas en vídeo". Na rolda tamén estarán a concelleira de Normalización Lingüística de Ames, Isabel Vaquero; a concelleira de Cultura de Teo, Pilar Faxil; e Manolo Maseda, docente regueifeiro e impulsor do proxecto.
17.30 h
No local social de Busto, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao II Encontro de mulleres do rural de Compostela.
18.30 h
No Teatro Principal, "Arlequina", espectáculo co que Os Monicreques de Kukas celebran os 40 anos de compañía. Dentro da programación de Compostela Cultura Artes Escénicas e En Familia.
19.30 h
Na Igrexa da USC, Conversas con Brigitte Vasallo, dentro do programa de actividades con motivo do Día Internacional das Mulleres.
20.30 h
No Auditorio de Galicia, "Evocación", concerto de Javier Perianes, dentro do Ciclo de Piano Ángel Brage.
MICE, 14 Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. Teatro Principal
20.30 h. Proxección
22.00 h. Proxección