Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o domingo 24 de novembro
11.00 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e as concelleiras de Deportes, Esther Pedrosa, e de Políticas de Igualdade, Noa Díaz, participan na VII Andaina contra a violencia de xénero "Camiño ao respecto", organizada pola Secretaría Xeral de Igualdade.
19.00 h
No Auditorio de Galicia, preestrea de "Eroski Paraíso", de Jorge Coira e Xesús Ron, dentro de Cineuropa. Asiste a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón.