Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o luns 11 de novembro
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar a XXV edición do Premio Antonio Fraguas de Investigación sobre o Traxe Galego. Na rolda tamén estará Pilar Astray, presidenta da Asociación do Traxe Galego, e Eva Calvo, responsable de Comunicación e Relacións Institucionais de El Corte Inglés Santiago.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
20.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de Veciños de Pontepedriña.