Previsións informativas para o xoves 6 de marzo
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.
12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.
18.00 h
O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, visitará a exposición Compostela Única no Csc do Castiñeiriño para compartir con representantes do Ateneo a explicación desta mostra ante os veciños do barrio.
19.30 h
No Salón de Actos do Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á presentación do libro "¿Puedo montar mi propia empresa?".
20.00 h
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), Convers@ndo con... Javier Perianes.
20.30 h
Na Zona C, Inversa Teatro presenta 'Té con Kant' dentro do ciclo Teatro&Danza.
21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dentro do Programa de Abono. Dirixida por Paul Daniel e co pianista Javier Perianes.
21.00 h
No Auditorio Novagalicia Banco, Ernesto Sevilla presenta 'Despedida Coconut' dentro do ciclo Falabaratos.