Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 4 de febreiro

12.00 h
No Centro Sociocultural da Rocha Forte, os concelleiros de Cultura, Ángel Currás, e de Centros Socioculturais, Francisco Noya, asisten á inauguración da Festa da Camelia.

20.30 h
No Multiúsos Fontes do Sar, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á entrega de trofeos e clausura do Campionato Galego de Grupos Show 2012 de Patinaxe Artístico Campus Stellae.

20.30 h
Na Zona "C" de Bonaval, Cámara Negra Teatro presenta 'Mujer muerta caminando' a partir de textos da novela 'O idiota' de Dostoievski. Carlos Álvarez-Ossorio, director.

Compartir: