Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 30 de xuño

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese cos presidentes da Asociación de Hostelería de Compostela e Comarca, sección Hospedaxe e Restauración, José Antonio Liñares e Jesús Sordo.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Ángel Currás, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Departamento de Deportes no Estadio de San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes en funcións, Bernardino Rama, para presentar as seleccións do Concello de Santiago que van participar nos IX XOGOS DO EIXO ATLÁNTICO, que se celebrarán na cidade de Matosinhos do 3 ao 8 de xullo. O concelleiro estará acompañado por representantes das seleccións participantes.

19.30 h
Na Rúa do Vilar, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.

20.00 h
No Salón de Actos do Colexio de Avogados, o alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de xura dos novos letrados e letradas.

21.00 h
No Teatro Principal, estrea das curtametraxes 'O show de...' de Manuel Lema; e 'As damas negras' e 'Leo e Mario' de Sonia Méndez.

Compartir: