Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 21 de xuño

10.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co presidente de Acotés, Antonio Pérez Casas, e con membros da Xunta Directiva.

11.30 h
No barrio de San Pedro, o alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita as obras de reurbanización das rúas do Home Santo e Angustia.

18.00 h
No CSC das Fontiñas, saída da actividade 'Parque de Belvís: hortas e labirinto' dentro do programa Club dos Maiores.

18.30 h
No CSC das Fontiñas, Semana da Natureza dentro do programa da Aula de Xogo.

19.00 h
No Colexio Maior San Agustín, o alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, clausura o curso das Aulas da Terceira Idade.

20.00 h
Na Praza do Toural, o alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside os actos con motivo do Día Europeo da Música. Asiste a concelleira de Educación en funcións, Mercedes Rosón.

DÍA EUROPEO DA MÚSICA
18.00 h
Mostra e Exposición do Órgano Ibérico
Escola de Música Bereguela
Capela da Real Cofradía das Ánimas
18.00- 21.00 h
Veladas no Casino
18,00 h Coro de nenos da Escola Estudio
18,30 h Concerto da Escola Municipal de Música
20,30 h Dúo de Violín e Piano- Escola Berenguela
19.30 h
Concerto da Banda e Coro
Escola Municipal de Música
Praza do Toural
20.00 h
Concerto da Orquesta de Corda
Escola Municipal de Música
Praza do Toural

NOTA: enviarase resumo cos acordos da Xunta de Goberno Local

Compartir: